Xuntos Carballo M+J recolle queixas veciñais na rúa Eduardo Pondal


O secretario local e voceiro da formación municipalista, Xesús Deus Gende e o responsable de obras e servizos José Luis Bardanca, desprazáronse ata a carballesa rúa Eduardo Pondal para recoller unha queixa veciñal que se lle fixo chegar recentemente.

A o carón da vía nomeada existe un parque de xogos e de lecer para a veciñanza. Segundo Xuntos Carballo “o problema xurde co uso por parte da rapazada de balóns, que a o xogar baten nos edificios e nos cristais dos mesmos”.

Contan os veciños/as que non é a primeira vez que lle rachan os vidros das xanelas, co custe que elo implica. Ademais os balonazos manchan as paredes das vivendas, e a estes problemas engadese que pola noite en moitas ocasións os rapaces xogan e molestan a os que queren descansar.

“Foron numerosas as veces nas que chamaron á Policía Local, pero aínda que se achegan a o lugar, o problema segue existindo, polo que a cidadanía está cansa de non ter unha solución”.

Dende Xuntos Carballo por un mundo máis xusto entendemos que os cativos disfruten da súa infancia e mocidade, pero con unha dose de civismo que non dane nin perturbe o normal descanso das persoas, nin provoquen danos materiais. Por iso solicitamos a o concello que valore as diversas posibilidades, como dotar un espazo concreto para este xogo coas conseguintes medidas de seguridade, delimitar unha zona afastada das vivendas que permita xogar sen molestar, ou ben prohibir esta actividade.

Problema recurrente tamén na praza do Concello

Caso similar está a sudecer na praza do Concello, onde existen propietarios das tendas da zona e dos ubicados nos baixos do Mercado que están a ter os seus máis e os seus menos cun grupo de nenos e nenas que según afirman os incordian a diario coa pelota contra os escaparates. A propietaria dun deses comercios requisóulle a pelota en máis dunha ocasión e incluso chegou a tomar a xustiza pola súa man e non devolverlla. Un problema que, segundo indican, transcendeu á autoridade competente, pero que de momento tamén segue sen solucionarse.