Xuntos Carballo M+J recolle varias queixas en Bértoa

1 minutes read

O secretario xeral de Xuntos Carballo por un mundo máis Xusto, Xesús Deus Gende, desprazouse á parroquia de Bértoa para atender varias queixas veciñais. Puxeron de manifesto que no Añón, os habitantes mostran o seu malestar polo estado en que se atopa a estrada que transcorre polo devandito lugar, do mesmo xeito que a que une esta zona coas Labradas. «Foron moitas as veces que o actual goberno municipal anunciou o arranxo da devandita vía, máis a día de hoxe segue nun estado lamentable en moitos tramos».

Ademais afirman desde a formación municipalista que «hai moito tempo que na rúa Alfonso X o Sabio permanece unha profunda fochanca sen ser reparada e así mesmo un pouco máis adiante o cartel indicativo da entrada na devandita parroquia tirado nunha leira».

«Cando se promete algo e non se cumpre a indignación da veciñanza crece, nós acudimos á súa chamada, porque a xente necesita ser escoitada e que alguén faga chegar a súa voz ás autoridades que neste caso están ancoradas na súa habitual demagoxia. Desde Xuntos Carballo M+J pedimos aos actuais gobernantes que cumpran o máis axiña posible coa promesa feita no seu día de reparar a estrada, arranxen a profunda fochanca e recoloquen o indicativo de sinalización que está a se podrecer na parcela», conclúe Xesús Deus Gende.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?