O secretario xeral de Xuntos Carballo por un mundo máis Xusto Xesús Deus Gende e a responsable de zona Sandra Pérez Lorenzo, desprazáronse ata varios lugares da parroquia de Oza para coñecer de primeira man, as queixas transmitidas pola veciñanza do lugar nos últimos días.
«Son numerosas as vías de comunicación que presentan un estado lamentable. Os veciños/as mostran a súa indignación, e cargan contra o Goberno local por promesas que non cumpren. O estado da vía que une Oza con Cances, está en moitos tramos practicamente intransitables. Igualmente necesítanse melloras urxentes noutras moitas, entre as que se atopan as de Oza Vella, Serantes, Vilar de Uz ou O Canedo. Puidemos recoller Igualmente o malestar pola vertedura de rodas que estiveron sen ser retiradas unha chea de tempo, ante o cal os veciños transmitiron a súa reivindicación ao persoal do punto limpo (segundo o seu testemuño). Non sabemos de certo se as múltiples demandas transmitidas nas reunións parroquiais son tan só un paripé ou unha tomadura de pelo constante á veciñanza, porque son moi escasas as actuacións levadas a cabo desde que se dan a coñecer «, sinalaba Xesús Deus Gende.