Xuntos Carballo M+J recolle varias queixas veciñais urxentes

Exif_JPEG_420

  • A formación pide ao Goberno local que deixe de mostrar ‘oídos xordos’, debido á gravidade e por tanto á urxencia de solucionar estas cuestións.

O secretario xeral de Xuntos Carballo por un mundo máis Xusto, Xesús Deus Gende e o responsable de seguridade, tráfico e mobilidade Perfecto Méndez Lema, desprazáronse a diferentes lugares da localidade para atender as recentes queixas chegadas á formación municipalista, augunhas urxentes.

A primeira delas chega desde A Brea e fai referencia ao mal estado en que se atopa o firme da estrada que enlaza a capela coa Feira de Verdillo. A segunda sitúase en varias vías; na rotonda do fórum onde unha profunda fochanca fai que circular por esa zona sexa bastante perigoso para os diferentes vehículos. Na rúa Compostela, á altura do paso de peóns un buraco que pode causar serios danos. Na Alfonso X o Sabio o firme está moi deteriorado no seu inicio, e na Vila de Negreira dous pequenos anacos sen asfalto. A terceira chega desde a rúa Ourense cuxos habitantes non se explican porque unha rúa de recente construción foi de novo levantada o luns, cos gastos que pode supoñer para as arcas municipais (agás que tivese garantía dos traballos realizados). Para finalizar, a última reivindicación lévanos de novo ao semáforo da avenida de Bértoa, onde tantas veces incidiuse para darlle unha solución permanente, despois das continuas avarías provocadas por vehículos pesados e que obrigan aos peóns a cruzar sen as correspondentes medidas de seguridade nunha zona de alta densidade de tráfico rodado.

«Desde Xuntos Carballo M+J pedimos que o máis axiña posible se tomen as medidas oportunas para dar solución a tales deficiencias», sinala Xesús DeusGende.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha