Xuntos Carballo M+J recompila unha batería de peticións para que ‘o Goberno local as cumpra’

Xesús Deus Gende_Cedida

  • Porqué o BNG queda mudo cando goberna, e en Carballo xa van 20 anos, e non se descolga a pancarta cando está na oposición.
  • Autovía gratuíta, hospital comarcal e ambulancia medicalizada… As históricas demandas do BNG consómense no silencio.

Desde a formación municipalista Xuntos Carballo M+J afirman que son moitas as dúbidas que ten a cidadanía carballesa en canto a temas moi importantes para o desenvolvemento local. Opinan que levamos anos agardando por avances significativos que non chegan a materializarse e enumeran algúns máis de suma importancia como:

  • A circunvalación tantas veces tema de debate e controversia entre as diferentes forzas políticas, segue nun limbo burocrático e demagóxico para acougar os ánimos dunha poboación farta de tanto engano.
  • En canto ao centro médico seguimos sen saber en que período de negociación estamos, que foi da propagandística recollida de firmas para un novo, ou se se vai a realizar unha ampliación do mesmo, que por certo transmitiuse por diferentes medios que habia unha contía económica reservada.
  • Tamén carecemos dunha zona debidamente acondicionada para a aterraxe do helicóptero de urxencias médicas.
  • Así mesmo “asistimos a outra dose de manipulación informativa”, en canto ao proxecto para reducir o impacto das inundacións na zona por onde transcorre o río, con supostas contratacións en marcha.
  • Descoñecemos igualmente en que punto está o proxecto que albergará ás entidades sociais, no espazo que actualmente ocupan as antigas vivendas dos mestres/as,que por certo segue sen as medidas de seguridade adecuadas, e máis tendo en conta os ventos dos últimos días.
  • “Ao noso parecer calquera destes proxectos non teñen trazas de realizarse a curto prazo e tan só son armas arreboladizas entre goberno local e autonómico con fins electorais”. Tendo en conta que para o tema das inundacións, en teoría fai falta demoler os edificios da rúa Sol e Fomento (que por algo se comprarían) ou a ampliación e construción de pontes, todo parece indicar que o prazo para velo finalizado será longo.
  • Do centro médico nada se sabe, excepto o que nos transmiten en canto a reforzos de facultativos, que seguen sendo escasos dada a poboación,ademais de ser leste o punto de atención continuada de varios concellos.
  • Que dicir da circunvalación, que fai moi pouco se transladó aos veciños/as por onde transcorrerá, e aínda está en período de alegacións. Do futuro edificio social da rúa Vázquez de Parga descoñécense os seus avances.

Desde Xuntos Carballo M+J pensamos que os habitantes nos merecemos saber o estado real e actual en que se atopan estes proxectos, a través das diferentes canles de comunicación con que conta o consistorio, e non tan só en medios de comunicación afíns. Non se poden dar explicacións superficiais cando se xoga co diñeiro de todos/as e co futuro de infraestruturas importantes para a cidadanía, sinala o portavoz da formación Xesús Deus Gende.