A formación municipalista Xuntos Carballo por un mundo máis Xusto, segue incorporando novos integrantes. Nesta ocasión refórzase na zona costeira cun veciño residente en Imende, coñecedor das necesidades das parroquias de Noicela e Lema. «Son moitas as melloras que fan falta, por iso desde agora Fabián Aldao Sánchez será o referente da nosa organización; o que manteña por tanto un contacto directo cos veciños/as da zona. Con un plán de «mellora» en marcha cheo de incógnitas ou a posibilidade da colocación de eólicos faise imprescindible ter un representante en constante contacto coa cidadanía, que sexa a nosa voz no litoral. Seguimos crecendo, estando presentes en todos os núcleos rurais e urbanos. Grazas ás novas incorporacións somos máis persoas para atender da mellor maneira posible á vecinanza que solicite a nosa presenza en calquera lugar do concello, transladandonos as súas queixas, reivindicacións ou achegas como o fixeron ata o momento. Dar as grazas ao novo compañeiro por unirse a unha opción política nada en Carballo, que busca ser o cambio que a nosa vila tanto necesita», sinala o voceiro da formación e candidato á alcaldía de Carballo, Xesús Deus Gende.
23