A formación municipalista Xuntos Carballo por un mundo máis Xusto sairá de novo á rúa, se o tempo o permite, para dar as grazas á cidadanía polo apoio recibido en referencia á ILP para a regularización de persoas migrantes (está claro que cumprindo uns requisitos, que non son poucos) a través da súa firma, e cuxa iniciativa lexislativa foi impulsada entre outros polo partido a nivel estatal Por un mundo máis xusto ao que está vinculado a agrupación carballesa, sendo está a única organización política de toda a comarca que saíu a recoller avais para que tal iniciativa saíse adiante.
«O noso máis sincero agradecemento ás xentes de Bergantiños que expresaron o seu apoio plasmando a súa rúbrica nas follas seladas que posteriormente chegarán, se todo sae segundo o previsto, ao congreso dos deputados. Se o obxectivo era conseguir 500.000 firmas, a data de hoxe son 603.000, por iso desde a humildade que nos caracteriza queremos demostrar o noso agradecemento mediante un pequeno obsequio, como é un calendario de parede, que xa se leva repartindo desde fai máis de quince días por diferentes lugares do municipio. Será totalmente gratuíto e entregarase o domingo día 11 de decembro coincidindo coa feira dominical, a todos/as aqueles que se acheguen á carpa que Xuntos Carballo M+J instalará na rúa Coruña», sinala o secretario xeral da formación Xesús Deus Gende.