Xuntos Carballo M+J reúnese con ASOCIATEM para coñecer as súas reivindicacións

Cedida.

O secretario xeral de Xuntos Carballo M+J, e portavoz autonómico de M+J Galicia Xesús Deus Gende, tivo unha toma de contacto recente con responsables de ASOCIATEM (asociación de traballadoras e traballadores temporais e indefinidos,do consorcio Galego de servizos de igualdade e benestar) para interesarse polas súas reivindicacións.

Os traballadores/as do consorcio prestan os seus servizos nunhas 160 escolas infantís da «Galiña Azul», ademais de en centros de día e oficinas de información. Unha parte importante deste persoal está a levar a cabo unha folga desde o pasado 5 de setembro ata o día 16 do mesmo mes, onde transmiten que son o persoal peor tratado da administración. Fan un chamamento ás familias dos usuarios/as para que lles apoien, así como a diversas organizacións de carácter social, político e sindical. Entre outras cuestións non están de acordo con os baremos á hora de adxudicación de prazas e esixen que se valore prioritariamente a experiencia no consorcio.

«Non pedimos nada que non se estea aplicando na práctica totalidade das administracións públicas galegas, ou que os sindicatos non acordasen no seu día»sinala unha das representantes.

«Foi unha toma de contacto moi interesante,que nos fai ser partícipes das inquietudes deste persoal que loita por unha causa que consideramos xusta. Desde Xuntos Carballo por un mundo máis Xusto e desde M+J Galicia sempre estaremos á beira de quen sofre calquera tipo de inxustiza,de calquera índole.Seguiremos de preto todo o que suceda con estes traballadores/as mostrándolles o noso apoio, na medida en que podamos ou nos soliciten», sinala e conclúe Xesús Deus Gende.