Xuntos Carballo M+J reúnese con Cáritas para coñecer a realidade social na comarca

Exif_JPEG_420

O secretario xeral de Xuntos Carballo M+J, responsable da área social e portavoz autonómico de M+J Galicia, Xesús Deus Gende, asistiu a unha toma de contacto con Cáritas Interparroquial de Bergantiños, para coñecer en primeira persoa a situación na que se atopa unha parte da poboación que acode a esta entidade para cubrir as súas necesidades básicas.

«Se moitas familias xa necesitaban alimentos ou mesmo un teito onde acubillarse, coa actual situación económica aínda se agrava máis o problema. Foi moi interesante escoitar a estas persoas que traballan de maneira solidaria e desinteresada para axudar ao que máis o necesita. Desde Xuntos Carballo por un mundo máis Xusto e M+J Galicia estaremos sempre para dar o noso apoio a todas aquelas organizacións que como Cáritas traballan polo ben común e por unha sociedade máis xusta. Non hai mellor maneira de coñecer os problemas sociais da cidadanía que estar en constante contacto coas entidades que co seu esforzo contribúen á erradicación da pobreza. Aí estará sempre o noso partido, loitando por unha sociedade onde todo cidadán teña cubertas as súas necesidades básicas», sinala Xesús Deus Gende.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha