A formación municipalista Xuntos Carballo por un mundo máis Xusto, reuniuse esta fin de semana na céntrica cafetería Habanos da rúa Valle Inclán, para ir deseñando o que será a súa campaña política para as eleccións de maio. Na mesma participaron os responsables das diferentes áreas, candidatos/as que integran a lista, así como as persoas referentes en parroquias e barrios. Coa lista, slogan, música (previa autorización dunha banda galega) e programa definitivamente pechados a agrupación centrouse no traballo que cada persoa realizará de agora en diante, «que é moito e variado».
«Esta reunión foi tremendamente positiva, pois os lazos de fraternidade son fundamentais para que un equipo funcione. É moi gratificante ver como este proxecto municipalista nado en Carballo crece e consolídase cada día máis. Seguiremos coa nosa liña de traballo, dando a coñecer todo aquilo que a cidadanía nos faga chegar. Somos esa voz que o pobo tanto necesita», sinala o candidato á alcaldía de Carballo, Xesús Deus Gende.