A formación municipalista Xuntos Carballo por un mundo máis Xusto segue avanzando no seu programa político que está practicamente finalizado. Os/as encargados/as da súa redacción, reuníronse esta fin de semana na sede que o partido ten na rúa Desiderio Varela 20 en Carballo. Queixas e reivindicacións recollidas en barrios e parroquias son o eixo fundamental do mesmo. Así, dáse por finalizada a composición da lista que concorrerá ás próximas eleccións municipais á cal se uniron dúas novas compañeiras. Sandra Pérez Lorenzo fíxose cargo da parroquia de Oza e Tania Otero Iglesias ocuparase da área de Igualdade .
«Con estas incorporacións seguimos crecendo e sentímonos privilexiados por contar con persoas que pensan que un Carballo «Máis Xusto» é posible. As nosas propostas programáticas son as transmitidas pola cidadanía, e por esa razón nacemos, para facer posible que se cumpra a vontade dos veciños/as, non esquecendo que os servidores públicos como ben di a palabra, están para servir, non para ser servidos», afirma o voceiro e candidato, Xesús Deus Gende.
Gende matizou ademais as súas dúbidas sobre a transparencia do Gobierno local actual e afirmou que un dos seus principais obxectivos será que a contabilidade sexa reflectida en tempo real e que calquera cidadán poida ver como se administra o diñeiro público, adxudicacións de obras, servizos e demais trámites administrativos.