A formación municipalista Xuntos Carballo M+J volveu a saír á rúa para recoller apoios para ILP de regularización de personas migrantes en España. A iniciativa conta xa con máis de 270.000 sinaturas a nivel estatal, e dentro desas están as recadadas pola agrupación municipalista en Carballo.
Aínda que a localidade viviu estes días as súas festas grandes, os/as compoñentes de Xuntos Carballo por un mundo máis xusto optaron por estar ao carón da veciñanza a pé de rúa para coñecer de preto as súas queixas e reivindicacións, que segundo informan, foron moitas e variadas.
“Queremos dar de novo as grazas pola forza que nos dá a cidadanía. É un pracer enorme que a xente se pare con nós a falar e a contarnos os seus problemas do día a día. Estamos para escoitar e axudar. Somos o partido do pobo”. Sinala o secretario xeral de Xuntos Carballo M+J Xesús Deus.