Xuntos Carballo M+J saíu de novo á rúa

1 minutes read

A formación municipalista Xuntos Carballo por un mundo máis Xusto saíu de novo á rúa este domingo para seguir escoitando á veciñanza e transmitir dez das súas  principais propostas, baseadas e as reivindicacións das 18 parroquias que conforman o municipio, que á súa vez se dividen para alcanzar as cen propostas do seu programa político.

«É moi satisfactorio coñecer o punto de vista da xente en todo aquello que lle preocupa, porque é aquí onde  se recolle de primeira man o sentir da cidadanía. As estratexias dando a coñecer oficios ou titulacións varias como aceno de identidade, non deixa de ser unha maneira de querer mostrar un certo grao de superioridade sobre a xente do común, poñendo en valor as súas supostas calidades. As opcións políticas fan propostas, pero son os técnicos/as que traballan no Concello os que realizan os informes pertinentes para ver que se axusten a dereito. Temos ánimo, forza e apoio para realizar o cambio que Carballo necesita», sinalaba o voceiro e candidato da formación, Xesús Deus Gende.