Xuntos Carballo M+J saíu de novo á rúa para escoitar á cidadanía

1 minutes read

Este domingo a formación municipalista Xuntos Carballo por un mundo máis xusto, volveu novamente a estar presente na rúa para seguir falando cos veciños/as e o máis importante, para seguir escoitando as diferentes cuestións que lles trasladan. A agrupación leva recollidas moitas queixas, reivindicacións e necesidades baixo unha visión actual de todos os puntos de vista dos diferentes habitantes da vila e das súas parroquias.

«Agradecemos profundamente a todos/as os que se pararon a charlar connosco, as súas achegas e o bo trato coa nosa agrupación municipalista. Aínda que seguiremos co período de escoita no pobo cando o tempo o permita, agora toca visitar cada unha das parroquias e barrios cos/as diferentes responsables de zona, e seguir recollendo as inquedanzas da veciñanza.

Así mesmo para calquera tipo de información, suxerencia ou queixa, estamos sempre ao servizo do cidadán/a en a nosa sede da rúa Desiderio Varela 20 1°(mércores pola tarde, Xoves e domingos de feira) nas nosas redes sociais de Facebook e Instagram e no teléfono ou Whatsapp 652591520, a calquera hora dos 365 días do ano.

Nacemos para escoitar, falar, actuar e loitar por un Carballo máis Xusto», sinalaba o secretario xeral da formación Xesús Deus Gende.