Xuntos Carballo M+J visita a parroquia de Bértoa e o barrio do Chorís

Cedida.

A formación municipalista Xuntos Carballo por un mundo máis Xusto, continua o seu percorrido polas diferentes parroquias e barrios. Nesta ocasión o secretario xeral Xesús Deus Gende, a responsable de zona e da área que a formación ten dedicada á defensa dos dereitos do colectivo LGTBI, María Esperanza Pérez Rama, xunto con Marco Bardanca Mato, recolleron queixas e reivindicacións en diferentes lugares e aproveitaron para falar con veciños/as.

Ambos afirman que en Bértoa, a Av. Abetos necesita unha reparación das profundas fochancas existentes. En José Castro Chané, seguen agardando polo acondicionamento do vial e da retirada dunha base de ferro con parafusos, que permanece na calzada (recolléronse no seu día firmas, que posteriormente foron entregadas no rexistro do concello). A médico Ramón Louzao está abandonada en canto ao firme se refire. O parque público da entrada do polígono segue en estado de deterioración. Parte da rúa Escultor Asorey segue sen ser arranxada na súa totalidade. Así mesmo en tres vivendas da Av.de Bértoa, faise moi dificultoso entrar cun vehículo polo desnivel nas ramplas de acceso.

Xa no barrio do Chorís, a Av.de Bergantiños segue sen beirarrúas, e sen proteccións adecuadas, onde hai tempo caeu un vehículo. A cidadanía quéixase da franxa de cor avermellada que rodea a zona do instituto Alfredo Brañas,e que causa caídas no inverno. A rotonda da mesma zona non é ben valorada, é incómoda aos usuarios/as. A maleza na Vila de Negreira permanece desde hai anos en diferentes leiras, sen que ninguén lle poña remedio.

«Desde a rúa Verdillo chegounos outra queixa referente á recollida de animais. Concretamente comunícannos que tras falar coas autoridades competentes, estas non só faláronlle en ton ameazante senón que segundo o testemuño do que recolleu un cachorro de Pitbull, foi tratado de maneira e forma despectiva. Dar as grazas, como non pode ser doutra maneira, aos habitantes das zonas visitadas por expoñernos as súas inquietudes, mostras de apoio e afecto connosco/as». Sinalaba Xesús Deus Gende.