O secretario xeral de Xuntos Carballo por un mundo máis Xusto Xesús Deus Gende, acompañado dos responsables de benestar animal Brenda Manteiga Blanco e Víctor Manuel Fraga Arantón, desprazáronse ata o Legado de Max en Goiáns e amigos dos cans de Carballo, en Bertoa, para coñecer a situación actual na que se atopan.
Deus Gende afirma que as dúas entidades seguen saturadas de traballo con escasos recursos e «realizando labores que tería que desempeñar o concello en base á normativa vixente. Para nós é fundamental cumprir coa lexislación, por eso temos a dúas persoas da formación en constante contacto coas protectoras, que nos transmiten a súa visión da realidade diaria á que se enfrontan. Non só lles mostramos o noso total apoio, senón que colaboramos e colaboraremos sempre que nolo soliciten. Os cans, gatos ou outros animais domésticos, non só son mascotas, senón que para moitos/as de nós forman parte da nosa familia, por iso é polo que hai que garantir o seu benestar», concluía Xesús Deus Gende.