O secretario xeral de Xuntos Carballo por un mundo máis Xusto Xesús Deus Gende e o de organización José Luis Bardanca, realizaron unha visita ás instalacións da Federación Galega de Caza situada na rúa Vila de Caión en Carballo, para programar unha reunión con cargos da mesma. O principal obxectivo é escoitar o punto de vista que teñen os cazadores coruñeses relacionados coa Lei de benestar animal (con relación aos cans de caza) ou a normativa actual referente á súa actividade cinexética. “Desprazámonos ata a oficina da entidade porque para nós é fundamental contactar con todas as asociacións e colectivos existentes no noso concello. Un bo número de habitantes da nosa zona practica este deporte e por tanto consideramos que é necesario manter unha conversación para coñecer en profundidade todo relacionar co tema”, sinalaba Xesús Deus Gende.