O secretario xeral e portavoz da formación municipalista Xesús Deus Gende e o responsable de zona, obras, servizos e organización, José Luis Bardanca, percorreron diferentes lugares das parroquias costeiras do municipio para recompilar queixas, demandas e achegas veciñais. «Foron numerosas as reivindicacións, que pouco teñen que ver co que o goberno local recompila nos -consellos parroquiáis-. Na parroquia de Vilela e concretamente no lugar de Castelo, son moitas as demandas», inciden.
-Pistas nun estado deplorable, zonas cheas de maleza sen limpar, falta de cobertura en móbiles, petición de colocación dun poste con espello nunha saída perigosa e cuxa contestación foi que os veciños se fixesen cargo do custo, problemas co transporte escolar e de recollida de nenos, que teñen que andar dous quilómetros para coller o bus pasando este por diante dos domicilios, ou unha estrada que aínda que sexa de responsabilidade da Deputación non se entende como non se colocan bandas rugosas ou un paso de peóns adecuado, para que os condutores pasen a unha velocidade reducida. Os veciños/as entenden que algunha das cuestións non son competencia directa do concello, pero igualmente teñen que ser os comunicadores dos problemas, ante a administración correspondente. Xa na parroquia de Lema, igualmente vese o grao de abandono por parte do consistorio-, recalcan.
En diferentes viais tales como na Regueira de abaixo, chamusqueira ou pistas forestais, están nun estado penoso. Así mesmo no lugar «dás areas» denuncian o mal estado dunha pista que une O Seixo co devandito lugar, contedores de lixo que están depositados de calquera xeito á beira da estrada sen ningún tipo de ancoraxe , polo que en días de mal tempo poden ser perigosos, presuntos privilexios dalgunha familia concreta da zona, ao estar relacionada con algún político, estado moi defectuoso da estrada que une Razo e Baldaio.
«O que o goberno municipal «vende» como unha gran xestión nas diferentes parroquias, tan só é un engano que nada ten que ver coa realidade. En Xuntos Carballo M+J percorremos a pé lugares, pistas, estradas e charlamos cos veciños/as. Fan falta numerosas melloras que non van chegar a moitos sitios do noso concello cos actuais mandatarios, nin con forzas estatais máis centradas noutras contendas electorais, que en mirar polos cidadáns/as carballeses. Que a deputación non se preocupe das súas competencias en canto ás múltiples necesidades, tendo a un mandatario e membro da formación política actualmente gobernante, como vicepresidente de tal administración cun soldo de case 70.000 euros ao ano, non deixa en bo lugar a esta corporación. O cambio que necesita Carballo virá dunha forza municipalista como a nosa», sinala Xesús Deus Gende.