A formación municipalista Xuntos Carballo por un mundo máis xusto segue percorrendo as distintas parroquias carballesas, con proximidade aos seus veciños e preocupándose polos seus problemas cotiáns. Nesta ocasión o secretario xeral Xesús Deus Gende, o de organización José Luis Bardanca, o responsable de zona Víctor Manuel Fraga Arantón e Jesús Varela Serrano, recolleron varias reivindicacións veciñais.
Na parroquia de Sofán piden o arranxo de estradas, como as que van dirección Arganosa, ou a que pasa pola Rachola, acondicionamento de pistas forestais, limpeza de cunetas e maleza na Tapia, a retirada de ramas en leste mesmo lugar que ameazan con caer sobre o tendido eléctrico, ou dalgunha persoa que pase pola zona, e igualmente o acondicionamento dos firmes polos cales se fai moi difícil transitar ao estar cubertos cun manto de herba.
Na parroquia de Verdillo solicitan unha rede nova nas pistas deportivas tantas veces demandada, a colocación de indicativos dos diferentes lugares, o acondicionamento dun anaco de beirarrúa en O Moucho, ou a vella demanda de ampliación destas entre O Añón e O Moucho.
«Aínda que a choiva fixo acto de presenza puidemos comprobar como se necesitan melloras nestas dúas parroquias. Igualmente, falar cos veciños/as fainos partícipes das súas inquedanzas, as cales compartimos», sinala Xesús Deus Gende.