Xuntos Carballo M+J visitou dúas novas asociacións

1 minutes read

A formación municipalista Xuntos Carballo por un mundo máis Xusto segue coas súas visitas ás diferentes entidades de carácter social. Nesta ocasión varios compoñentes desprazáronse ata Vieiro e Afaber, despois da visita que altos cargos do partido a nivel estatal fixeron á localidade.

“Queremos dar novamente as grazas polo recibimento que nos brindan alá por onde imos. Un dos nosos principais obxectivos é atender as necesidades dos colectivos máis vulnerables da sociedade e axudar na medida das nosas posibilidades a que estas asociacións conten cun apoio constante para o desenvolvemento das súas respectivas actividades. Estaremos sempre á súa disposición para o que consideren oportuno. Insistiremos e loitaremos con todas as nosas forzas para lograr a construción do ansiado  e necesario edificio para elas, tantas veces publicitado pero sen avances significativos desde hai anos”, sinala o voceiro da formación e candidato, Xesús Deus Gende.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?