Xuntos Carballo M+J volve este domingo á feira cunha recollida de sinaturas

Xuntos Carballo M+J

  • A formación busca apoios para regularizar a situación das persoas migrantes en España

A formación municipalista Xuntos Carballo M+J volverá este domingo á feira cunha recollida de sinaturas para regularizar a situación das persoas migrantes en España. Desde a agrupación sinalan que a iniciativa tivo moi boa acollida na pasada feira acadando «unha boa morea de sinaturas, o que deixa ver que a nosa vila é un exemplo de solidariedade».

Xesús Deus Gende, voceiro de Xuntos Carballo M+J, destaca que moitos veciños asinaban «lembrando a nosa xente que emigrou, e que aínda emigra, en busca de oportunidades ou dunha vida mellor» porque «ninguén deixa a súa casa por gusto, senón por necesidade».