Xuntos Carballo participou en Madrid no congreso nacional de ‘Por un mundo más justo’

Cedida.

A formación carballesa desprazouse ata Madrid para asistir a o congreso nacional que se celebrou os días 27 e 28 de Novembro. A delegación estivo composta polo secretario local, voceiro e responsable da área social Xesús Deus Gende, o responsable de organización, obras e servizos José Luis Bardanca, a responsable de feminismo e igualdade Patricia Rodríguez Cruz, o responsable de mocidade, festas e mercados Marco Bardanca Mato, e os vogais Juan Carlos Rey Pensado e Miguel Sánchez.

Foron seis as persoas as que se desprazaron para expoñer os puntos de vista, necesidades da vila, e dar a coñecer o concello a os asistententes/as chegados dende distintas partes do país.

No acto de presentación das diferentes coordinadoras autonómicas en tal congreso, tomou a palabra no atril no nome da galega o carballés Xesús Deus Gende:

“Convidar a que visiten a nosa vila, desfrutando das praias, gastronomía, das fervenzas, da natureza… porque ademáis de falar das necesidades, problemas e demais temas dos que se fala neste tipo de congresos, é para nós un orgullo levar o nome de Carballo e de Galicia ata esas latitudes, e tentar arrecadar o máximo interés posible pola nosa terra”, concluíu o voceiro da formación.