Xuntos Carballo pide a sinalización horizontal na estrada que une Carballo con Razo

1 minutes read
  • Hai máis dun ano que se acondicionaron varios tramos da vía

A formación municipalista Xuntos Carballo por un mundo máis xusto solicita que se instalen elementos de sinalización horizontal na estrada que une Carballo con Razo.

Membros da agrupación achegáronse ata as parroquias de Oza e Razo para comprobar o estado actual do vial, que se acondicionou por tramos hai máis dun ano e que segue sen ningún tipo de sinalización a pesar de ser «unha vía que pode considerarse perigosa, pois a presenza de curvas é constante, ao que se engade a inexistencia de arcéns que permitan o tránsito normal de peóns».