Xuntos Carballo pide ao Concello que aclare a inversión dos aparcadoiros da rúa Grabador Facal

Cedida

  • Os propietarios dos terreos cedidos para tal actividade quedan exentos de pagar o Imposto de Bens Inmobles

Xuntos Carballo M+J demanda ao Concello que informe á veciñanza sobre a inversión realizada para dispoñer de varios estacionamentos na rúa Grabador Facal. Nesta ocasión trátase de dúas novas zonas habilitadas como aparcadoiro a través da cesión de terreos dos propietarios ao Concello a cambio de non pagar o Imposto de Bens Inmobles (IBI).

Desde a formación municipalista piden ao goberno local que aclare a situación das obras e o seu custo total, xa que ademais de persoal municipal tamén se contratou unha empresa privada. Ademais, piden que se especifique o tempo de cesión dos terreos e canto van deixar de ingresar as arcas públicas por non cobrar o IBI.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha