Xuntos Carballo pide ao Concello que cumpra co proxecto de arranxo dunha vintena de rúas

Xuntos Carballo

  • Sinala que a empresa adxudicataria non está realizando as obras para as que hai un prazo de execución de tres meses

A formación municipalista Xuntos Carballo por un mundo máis xusto tacha de «cínicas» as promesas realizadas polo Consistorio no relativo á mellora dunha vintena de rúas por parte da Administración local. Sinalan que a empresa adxudicataria do proxecto «non está realizando ningún traballo actualmente -tendo tres meses de prazo de execución- polo que leva a pensar que moitas das rúas que no seu día se nomearon e publicitaron de maneira constante van ter que quedar para outra ocasión, o que nos deixa ver novamente o nivel de cinismo por parte do consistorio».

A agrupación reclama ao Concello que cumpra con todas as súas promesas e que tamén acondicione as rúas José Castro Chané e Gustavo Freire. Os veciños desta última quéixanse de que a cantidade grava que quedou solta entupe os sumidoiros imposibilitando que a auga circule correctamente.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha