Xuntos Carballo pide ao Concello que interveña ante a falta de cobertura en Castelo, Vilela

1 minutes read
  • Representantes da formación acudiron ata este lugar, na parroquia de Vilela, para facerse eco do problema

‘Xuntos Carballo por un mundo máis xusto’ denuncia a falla de cobertura no lugar de Castelo, na parroquia de Vilela. O secretario da formación, Xesús Deus Gende, e o responsable de obras, José Luis Bardanca, achegáronse ata a zona para falar cos veciños sobre este problema nun servizo «que pagan pero que non reciben de maneira axeitada, non permitindo unha comunicación de calidade», asegura Deus.

Os veciños din estar «cansos de facer reclamacións individuais sen que ata o día de hoxe tiveran solución», polo que desde Xuntos Carballo solicitan ao Concello que realice as xestións pertinentes ante das compañías telefónicas para dar unha solución coa maior brevidade posible.