Xuntos Carballo pide ao Concello que interveña na falta de cobertura telefónica na Chamusqueira

Imagen de un teléfono móvil_PIXABAY

  • Os veciños deste lugar da parroquia de Lema non poden comunicarse a través dos seus dispositivos móbiles

A agrupación municipalista Xuntos Carballo fíxose eco das queixas de varios veciños do lugar da Chamusqueira, na parroquia de Lema, debido á problemas coa cobertura telefónica, non podendo usar os seus dispositivos móbiles e véndose obrigados a contratar telefonía fixa.

A pesar de facer as correspondentes reclamacións ante as compañías telefónicas, a solución non chega, polo que desde Xuntos Carballo piden ao Goberno local que interveñan canto antes posto que «a cidadanía do noso concello, independentemente de onde viva, ten dereito a desfrutar duns servizos de calidade; e son os gobernantes locais os que deben de garantir eses dereito».