- Trátase dunha enfermidade rara que non ten cura
‘Xuntos Carballo por un mundo máis xusto’ solicita ao goberno local que ilumine de azul o Casa do Concello para dar máis visibilidade ao síndrome de Angelman, un trastorno catalogado como raro que afecta a un de cada 20.000 nenos no noso país e que se caracteriza pola ausencia da fala, graves problemas para camiñar, estalidos de risa, epilepsia ou problemas neurolóxicos.
Segundo o portal orpha.net, na actualidade non existe un tratamento que cure a doenza, polo que é moi importante seguir destinando fondos á investigación desta enfermidade que celebra o seu Día Internacional o próximo 15 de febreiro.
Con esta actuación a formación local tamén apoia a FAST España, a rama española da asociación internacional Foundation for Angelman Syndrome Therapeutics.