Xuntos Carballo pide melloras na estrada das Labradas a Portolago e no alumeado de Entrecruces


Representantes da formación municipalista visitaron de novo esta estrada ao seu paso polo Añón de Bértoa e afirmaron nun comunicado que “o estado actual no que se atopa a vía é pésimo, por iso entendemos e compartimos a indignación dos veciños/as”, conclúen Xesús Deus Gende e Perfecto Mendez Lema, membros de Xuntos Carballo M+J.

Alumeado público en Entrecruces

Ata Entrecruces achegouse tamén o secretario xeral da formación para atender outra queixa referente a o alumeado público, que sugundo afirman, “mantén a escuras dende o xoves a varios lugares da parroquia, entre  os que se atopan A Redonda, Outeiriños ou Casas Novas”.

Dende Xuntos Carballo por un mundo máis xusto piden que se acondicione a nomeada pista, para garantir unha circulación apta para diferentes vehículos e persoas, e se solucione o máis axiña posible o alumeado público en Entrecruces.