Xuntos Carballo pide melloras nos sumidoiros de varias rúas da vila

Cedida

  • As obras de acondicionamento das vías causan que os sumidoiros queden baixos e que se produzan danos nos vehículos

O secretario de Xuntos Carballo por un mundo máis xusto, Xesús Deus Gende, e o responsable de obras da formación, José Luis Bardanca, percorreron varias rúas carballesas dando conta das «deficiencias que existen en moitos dos sumidoiros da vila».

Desde Xuntos Carballos aseguran que é habitual que as obras de asfaltado deixen máis baixo o alcantarillado, pero isto pode causar «graves danos en vehículos» como xa sufriron algúns veciños. Deus Gende recoñece que o acondicionamento das vías é «moi necesario» pero hai desperfectos «chamativos« como os da rúa Miño, Manuel de Falla ou na confluencia entre Xosé Manuel Eirís e a Avenida de Bértoa que precisan ser reparados polo goberno local.