Xuntos Carballo pide o acondicionamento da fonte de San Paio de Entrecruces

O secreatario local de Xuntos Carballo, Xesús Deus Gende_Cedida

O secretario e voceiro de Xuntos Carballo por un mundo máis Xusto, Xesús Deus Gende, achegouse ata o lugar de San Paio na parroquia de Entrecruces para coñecer de primeira man o estado en que se atopa a súa fonte. Unha fermosa fonte que según conta a tradición valía para curar os cans “adevecidos”, ou máis coloquialmente con rabia. Unha construcción esquecida no tempo que segundo a formación “amosa que o abandono das aldeas de Carballo é máis que evidente vendo exemplos coma este”. Arquitectura popular en lamentable estado que debería de ser respetada e coidada. Esta zona é bastante concurrida polo encanto da súa fervenza que atrae a moreas de visitantes, polo que a veciñanza pide que se proceda a arranxar dita fonte no menor tempo posible, que permita que esta reliquia volva a ser o que en antano foi.