Xuntos Carballo pide o acondicionamento do firme na rúa Oriente

Rúa Oriente_Xuntos Carballo

O grupo local Xuntos Carballo volve a pedir o arranxo de varias vías urbanas. Neste caso, tanto o secretario da agrupación, Xesús Deus Gende, como o responsable de obras, José Luis Bardanca, solicitan a mellora do firme e as beirarrúas da rúa Oriente, situada entre as céntricas Sol e Vila de Negreira. Desde a formación non entenden «como pode ser que quedara fóra dos distintos arranxos, tendo en conta que as rúas mencionadas foron obxecto de sucesivas melloras».