O secretario local e voceiro da formación, Xesús Deus Gende, e o responsable de Seguridade, Tráfico e Mobilidade, Perfecto Méndez Lema, achegáronse ata As Labradas e rúa Salgueiro para atender as queixas que lle fixo chegar a veciñanza.
A primeira delas refírese ao arranxo do firme da vía que transcurre ata chegar ao lugar de Portolago, que segundo transmiten está en mal estado, e aínda que foron numerosas as ocasións nas que deron conta do problema, ata o de agora non se deu solución algunha.
A segunda reinvindicación (na mesma estrada) refírese á colocación de tubaxes de maior diámetro que permitan o paso da auga nun tramo da estrada, o que evitaría o anegamento que acontece en épocas de choiva intensa, e que neste intre é un problema para o tráfico rodado ou para peóns que camiñen pola zona.
A terceira chega desde a rúa Salgueiro,que leva moito tempo cun firme moi defectuoso, afirman. «Desde Xuntos Carballo por un mundo máis xusto pedimos solucións inmediatas por parte do Concello que remate con estes problemas, moitos deles extendidos no tempo», conclúen.