Xuntos Carballo pide o arranxo de varias rúas no barrio das Flores

1 minutes read
  • Membros da formación denuncian o mal estado do firme das rúas Calas e Xazmíns

A agrupación local ‘Xuntos Carballo por un mundo máis xusto’ denuncia o mal estado no que se atopan varios camiños do coñecido como barrio das Flores. Trátase das rúas Calas e Xazmíns e na súa confluencia con Tomiño, cuxos firmes precisan unha renovación aínda que «todo parece indicar que non están incluidas no plan de melloras municipal, anunciado recentemente polo consistorio», afirman desde Xuntos Carballo.

Desde a formación municipalista tamén fan fincapé no «grao de pasotismo e deixades por parte dos gobernantes locais» posto que na rúa Calas, que «máis ben debería considerarse coma un camiño de uso agrario ou forestal» debido ao seu firme de zahorra e falta de alumeado público, o Concello conta cun almacén para as brigadas de xardinerías sen que ninguén «faga nada ao respecto».

Rúa Calas_Xuntos Carballo