- En concreto trátase dunha beirarrúa situada fronte ao supermercado As Labradas, onde xa caeron dúas persoas
O secretario local da agrupación municipalista Xuntos Carballo, Xesús Deus Gende, achegouse ata a rúa Verdillo para comprobar en persoa o mal estado dunha beirarrúa situada fronte ao supermercado de As Labradas tal e como lle sinalaron os veciños, quen se mostran «indignados» ante o que Deus considera «unha clara deixadez no estado de mantemento que amosa a zona».
Desde a formación aseguran que o firme está «en tal mal estado que xa provocou a caída de dúas persoas», resultado feridas leves. Piden que se actúe con celeridade para evitar un «mal maior».