Xuntos Carballo pide o servizo de alcantarillado para o lugar da Rega, en Bértoa

1 minutes read
  • Os veciños síntense «discriminados» ante a falta deste servizo básico

O secretario da agrupación municipalista Xuntos Carballo, Xesús Deus Gende, visitou esta semana o lugar da Rega e o río de Loenzo para facerse eco das queixas transmitidas polo representante da parroquia de Bértoa no referente á falta de alcantarillado.

Os veciños síntense «discriminados» ao non poder contar cun servizo básico e un dos afectados asegura que acudiu varias veces a falar co responsable de obras e este «mandoume á concesionaria das augas, que á súa vez volveume mandar ao Concello».

Xuntos Carballo sinala que, segundo lle informaron, os traballos de alcantarillado serían «moi custosos» para os veciños no caso de ter que sufragar eles esa intervención, polo que piden unha solución urxente xa que «preto destes lugares pasan dúas liñas xerais a poucos metros».