Xuntos Carballo pide que se acondicione a rúa Cemiterio Vello e a contorna do centro de saúde

Xuntos Carballo

  • Desde a formación aseguran que se trata dunha demanda que se demora no tempo e que a día de hoxe segue sen resolverse

O secretario local da agrupación Xuntos Carballo, Xesús Deus Gende, recolleu estes días novas queixas veciñais. Esta vez fan referencia ao mal estado no que se atopa a rúa Cemiterio Vello, situada no barrio da Milagrosa. “O estado é verdadeiramente lamentable”, destaca Gende, quen solicita ao goberno que acondicione esta vía xa que se “poden apreciar apreciar numerosas fochancas, beirarúas sen rematar dende quen sabe cando e un rego de considerable fondura” que poden ocasionar problemas tanto a peóns como a condutores. Xuntos Carballo incide en que estes arranxos son “unha demanda que se demora no tempo e que a día de hoxe segue sen resolverse”.

Na mesma liña, a formación local tamén pide que se melloren varias vías como a de Xosé Manuel Eirís e tamén as próximas ao centro de saúde que “dan auténtica vergoña”.