Xuntos Carballo pide que se acondicione a rúa Cemiterio Vello e a contorna do centro de saúde

Xuntos Carballo

  • Desde a formación aseguran que se trata dunha demanda que se demora no tempo e que a día de hoxe segue sen resolverse

O secretario local da agrupación Xuntos Carballo, Xesús Deus Gende, recolleu estes días novas queixas veciñais. Esta vez fan referencia ao mal estado no que se atopa a rúa Cemiterio Vello, situada no barrio da Milagrosa. «O estado é verdadeiramente lamentable», destaca Gende, quen solicita ao goberno que acondicione esta vía xa que se «poden apreciar apreciar numerosas fochancas, beirarúas sen rematar dende quen sabe cando e un rego de considerable fondura» que poden ocasionar problemas tanto a peóns como a condutores. Xuntos Carballo incide en que estes arranxos son «unha demanda que se demora no tempo e que a día de hoxe segue sen resolverse».

Na mesma liña, a formación local tamén pide que se melloren varias vías como a de Xosé Manuel Eirís e tamén as próximas ao centro de saúde que «dan auténtica vergoña».

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha