Xuntos Carballo pide que se arranxen as desfeitas causadas por unha empresa madeireira en Casaldares

Cedida

  • O mal estado do firme crea problemas de acceso a unha casa onde vive unha persoa maior con problemas de saúde

Xuntos Carballo, a través do seu secretario local Xesús Deus Gende, volve dar voz ás queixas de varios veciños de Carballo no relativo ao mal estado no que se atopa unha pista que dá acceso a unha casa situada na zona da «Armada», no lugar de Casaldares, nos lindes entre Carballo e Coristanco. Segundo explican desde a formación local, o deterioro do firme está causado polos traballos dunha empresa madeireira que «deixou todo feito unha auténtica lameira».

A vítima neste caso é unha señora de avanzada idade e con diferentes patoloxías que ve como cada día o coche do panadeiro, ou calquera outro vehículo, ten problemas para achegarse ata á vivenda. Isto tamén é aplicable ao caso dos vehículos de emerxencia como unha ambulancia, pois «existe unha costa bastante pronunciada ata chegar ao inmoble» destaca Deus.

Desde Xuntos Carballo reclaman que se arranxe no menor tempo posible a desfeita, e sinalan que «non estaría demais unha normativa a nivel autonómico que obrige a estas empresas a amañar os estragos que fan a o seu paso».

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha