Xuntos Carballo pide que se limpen os vertedoiros incontrolados de lixo

Basura cerca del Lidl_Xuntos Carballo

  • Tamén se queixan dunha morea de puntas ciscadas polo aparcadoiro situado ao carón da biblioteca Rego da Balsa

‘Xuntos Carballo por un mundo máis xusto’ fixo un novo chamamento ao goberno local en materia de limpeza e protección de usuarios. En concreto a formación reclama que se proceda á limpeza dun vertedoiro «incontrolado» de lixo na rúa Xosé Manuel Eirís, preto do supermercado Lidl. Sinalan que estes elementos dan unha «imaxe penosa» do lugar e mesmo «poden danar o medio ambiente». Tamén solicitan a retira dunha morea de puntas que se atopan ciscadas no aparcadoiro situado ao carón da biblioteca Rego da Balsa ao tratarse dunha zona «moi concorrida» polos nenos e que, ademais, poden causar pinchazos nos coches que están estacionados no lugar.

Aparcadoiro con puntas ao carón da biblioteca Rego da Balsa_Xuntos Carballo

Por outra banda, desde Xuntos Carballo solicitan que se renoven varios sinais informativos na rúa Compostela dirección Santiago, onde hai preto dun mes un vehículo impactou contra un elemento que advertía da presenza de ciclistas, así como dun taboleiro de anuncios que no mesmo incidente quedou inservible.