Xuntos Carballo pide solucións a varias queixas veciñais na parroquia de Bértoa

Semáforo en Bértoa, apagado.

O secretario da agrupación municipalista Xesús Deus Gende, acompañado do representante na parroquia de Bértoa, José Manuel Ramos Puente, recolleron varias inquedanzas que lle transmitiu a veciñanza do lugar, e que ambos puideron constatar visitando as zonas afectadas.

A primeira fai referencia a parada de bus da Av.de Bertoa. “Son moitos os veciños/as que empregan o transporte público, que amosan o seu malestar en canto a o estado en que se atopa o firme da parada”. Un firme con baches que dificulta o estacionamiento do autocar  para recoller ou deixar persoas. Agora que o outono- inverno está preto, “as pozas que se fan na zona de recollida fai que os usuarios/as teñan dificultades a hora de subir ou baixar, dado que existe risco de esbarar, mollar os pés ou tropezar” en algunha das fochancas ou nas pequenas pedras soltas.

A segunda reinvindicación refírese á necesidade da colocación dunha sinal, que advirta do paso de peóns situado na vía que baixa dende o polígono ata a rotonda da estrada xeral, pois os vehículos que baixan fano sin darse conta a maioría das veces da existencia do mesmo, dado que non hai actualmente colocada ningunha sinalización advertindo da súa presenza, poñendo en perigo a integridade física dos usuarios/as que empreguen esta zona de paso.

Acceso rotonda do polígono coa AC-552, paso de peóns sen señalizar_Xuntos Carballo

A terceira refírese ao mal estado en que se atopa unha pista no lugar de Loenzo de arriba, que fai moi difícil o tránsito rodado.

A cuarta fai referencia a o semáforo situado fronte á cafetería Caracola, da Av de Bértoa, que non está en funcionamiento, o que obriga a os peóns a cruzar polo situado preto da igrexa ou o situado na rotonda da Vázquez de Parga, o que fai que usuarios/as crucen de igual xeito sen control, co risco que isto supón, dado que os condutores ao non ver ningunha prohibición non paran. Lugar no que se están a producir numerosos accidentes con feridos.

Xuntos Carballo pide ao Concello que actúe con brevidade para rematar con estas deficiencias que poñen en alto risco a integridade de persoas e automóviles, conclúe.