A agrupación municipalista Xuntos Carballo pide que se actúe de maneira urxente en varias vías que abarcan unha boa cantidade de rúas situadas entre o centro de saúde de Carballo e a parroquia de Bértoa. Non é a primeira vez que por parte da agrupación se da a coñecer a necesidade de mellora destas vías, (concretamente no mes de xaneiro) máis ata o día de hoxe case nada, por non dicir nada se leva feito para rematar con esta problemática, afirman.
O secretario local da formación, Xesús Deus Gende e o responsábel de obras José Luis Bardanca percorreron a zona donde puideron constatar o mal estado das rúas (Xosé Manuel Eiris, Faustino Río,Juan Montes), onde recolleron de primeira man as demandas veciñais que lles fixeron chegar.
«Cóntannos que desde que empezou a pandemia nada se fixo por acondicionar as estradas. As dúas derradeiras queixas refírense concretamente o ancho da Avenida dos Abetos, que debido a este problema a xente que por alí pasea atopase a miúdo con vehículos que poñen en perigo e ameaza a seguridade dos peatóns, polo que se entende que debería de acondicionarse un arcén que permita camiñar sen risco».
Outra destas queixas vén concretamente da rúa Fernando Camarot que viu incrementado o tráfico de vehículos, tanto de particulares como de transportistas, de paquetería e tamén do bus que emprega esta estrada para acceder a o centro de saúde. «A veciñanza amósanos o seu descontento e malestar, transmitíndonos a necesidade de arranxar o máis axíña posible este estado de abandono en que se atopan as rúas desta zona», conclúen desde a formación municipalista.