Xuntos Carballo pide unha intervención urxente nas vías do Sixto

1 minutes read

O secretario local da agrupación municipalista Xuntos Carballo, Xesús Deus Gende, acompañado de José Luis Bardanca responsable de obras e José Manuel Ramos vogal da agrupación, achegáronse ata o lugar do Sixto para arrecadar de primeira man as queixas que lle transmitiu a veciñanza desta zona de Carballo.

Unha vía intransitable, chea de fochancas, irregularidades é un verdadeiro pesadelo para o tránsito rodado. «Un abandono evidente por parte dun concello que non atende as constantes queixas veciñais», afirma Deus.

Desde Xuntos Carballo «pedímoslle a o concello que remate con esta vergoña de vía, e que proceda a acondicionar o firme que está causando danos nos vehículos».

«Que se deixen xa de tanta demagoxia, e actúen porque vale máis un só acto que mil verbas», sinala Xesús Deus.