Xuntos Carballo por un mundo máis xusto, pide que se arranxe a rúa José Castro Chané

Rúa José Castro Chané_Cedida.

O pasado 5 de Xullo a agrupación municipalista Xuntos Carballo por un mundo máis xusto da mán do seu secretario local Xesús Deus Gende, afirma que, presentaba no Concello un escrito avalado de firmas veciñais para o arranxo da rúa Fernando Camarot e as da súa contorna. Entre elas está outra vía nunha sitúación penosa. Concretamente trátase da rúa José Castro Chané.

“Transmítenos a veciñanza que fai anos deron un anaco de terreo para anchear e posteriormente facer beirarúas, prometéndolle desde o concello o acondicionamento da mesma. A día de hoxe e moito tempo despois nada se fixo”, lamentan.

Qéixanse de que a lameira que se fai en tempo de chuvia dificulta o acceso a algunha vivenda, e mesmo para ir tirar o lixo. Co verán fóra, a veciñanza agarda que se proceda a acondicionar as rúas para as cales recolleron as firmas. “De non ser así teremos que tomar medidas de protesta para ser escoitados”, conclúen.