Xuntos Carballo presenta unha recollida de firmas para o arranxo de varias rúas

1 minutes read
  • Trátase da rúa Cemiterio Vello e da estrada da Grela

A formación municipalista Xuntos Carballo por un mundo máis xusto, a través do seu voceiro, Xesús Deus Gende, presentou no rexistro do Concello unha recollida de firmas para o arranxo «urxente» da rúa Cemiterio Vello e da estrada da Grela. Dúas actuacións que xa foran solicitadas meses atrás ao goberno local tanto por parte da agrupación como da veciñanza xa que os viais cheos de fochancas dificultan o tránsito dos peóns e vehículos.

«Diante de tal abandono por parte do Concello, consideramos oportuno que a veciñanza, a través do correspondente escrito, pedira formalmente o acondicionamiento de tales estradas rematando así coa discriminación que padecen os habitantes desta zona carballesa», afirma Deus Gende.