Xuntos Carballo propón sinais informativas da velocidade máis visibles

Xuntos Carballo

  • Desde a agrupación destacan que hai cidadáns que non teñen claro onde comezan e rematan as zonas de 20 ou 30 km/hora

Xuntos Carballo pide que se instalen dispositivos de información de velocidade máis visibles xa que “aínda queda un nutrido grupo de cidadáns que non ten moi claro onde empeza e onde remata a zona de 20, 30 ou 50 Km/hora na vila”.

O portavoz da formación local, Xesús Deus Gende, destaca que así como recentemente se instalaron pasos de peóns intelixentes que se iluminan cando alguén os cruza, tamén sería necesario apostar por sinais da velocidade máxima permitida na zona urbana moito máis chamativas.