- A formación di que é un «feito contrastado» o incumprimento da normativa tanto por parte dos propietarios como do Concello
Xuntos Carballo Por Un Mundo Máis Xusto solicita ao Concello que poña en marcha brigadas de limpeza para acabar coa maleza que invade algunhas beirarúas e fincas próximas a edificacións no núcleo urbano. «É un feito contrastado o incumprimento reiterativo por parte de propietarios/as e concello en canto a normativa referente a limpeza de maleza e especies arbóreas, tantas veces exposto pola nosa banda», sinala o portavoz da formación, Xesús Deus Gende.