Xuntos Carballo reclama a mellora da fachada do edificio Espazo Xove

Xuntos Carballo

  • Localizado na rúa Valle Inclán, presenta varias brechas

A formación local Xuntos Carballo solicita a mellora da fachada do edificio Espazo Xove, situado na rúa carballesa Valle Inclán.
«O inmoble precisa, sen dúbida, unha mellora que restaure as fisuras visibles», destaca o voceiro da agrupación, Xesús Deus Gende, quen destaca que isto posiblemente se deba ás «humidades no interior da construción».

Tamén reclaman, a quen lle competa, unha man de pintura e máis mantemento na zona do exterior para volver a darlle vida ao que «antaño foi, e segue sendo, un edificio emblemático para a mocidade».

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha