34
- Os veciños móstranse descontentos coas fochancas que quedaron despois das obras de abastecemento de auga
A formación municipal Xuntos Carballo, a través do seu secretario local, Xesús Deus Gende, recolleu varias queixas dos veciños e veciñas da parroquia carballesa de Rus. Concretamente, algúns habitantes desa zona móstranse moi descontentos co mal estado no que quedaron varias vías de circulación que transcorren polo lugar do Val, afectando tanto aos coches como aos peóns.
Recentemente o Concello realizou obras de abastecemento de auga á poboación, e desde Xuntos Carballo sinalan que se deberían de «acondicionar as fochancas» que quedaron tras estas actuacións, polo que instan ao goberno local a que actúe canto antes aínda que sexa de xeito provisional.