Xuntos Carballo reclama máis control do Concello sobre as empresas madeireiras

PIXABAY

  • A formación pide que os desperfectos causados sexan arranxados polas empresas ou polo propio Concello

Xuntos Carballo presentou este mércores un escrito para solicitarlle ao goberno local que proceda a cumprir coa normativa vixente en canto á conservación, mantemento e arranxo dos camiños danados pola actividade das empresas madeireiras. Un escrito que chega despois dunha nova reclamación en Casaldares.

O secretario local da formación, Xesús Deus Gende, puxo de manifesto no documento presentado no Concello que desde esta institución deberían de verificar o inicio e fin de cada corta, ademais de controlar as “posibles talas ilegais” ou que se produzan “de xeito inusual”.

Xuntos Carballo tamén demanda máis información para a veciñanza, pedíndolle á executiva local que dea conta da cantidade de talas que se realizaron nos últimos dous anos e onde se empregaron as fianzas recaudadas, xa que “non se explica que haxa camiños con desperfectos que non sexan arranxados nin polo Concello nin polas empresas”.